Máis información no noso blog da Biblioteca
14 oct 2014
8 sept 2014
Día Internacional da alfabetización
6 jul 2014
XXVII encontro das Escolas Asociadas á UNESCO
Educar para a cidadanía mundial
Patrimonio, convivencia e entendemento entre os pobos, cultura de Paz, agricultura familiar e desenvolvemento sostible.30 jun 2014
O noso patrimonio
Ao longo deste curso tamén estivemos investigando sobre o patrimonio da nosa contorna. O alumnado de 1º de ESO traballou sobre os cruceiros e petos de ánimas e este video é o resultado.
O alumnado de 4º de ESO fixo una interesante investigación sobre "Os seráns" coa colaboración do profesor de música.
17 may 2014
5 may 2014
Cine e mulleres
Selección de películas de Biblioribeira onde a muller ten un papel protagonista
http://www.pinterest.com/pazpereiro/cine-e-mulleres/
http://www.pinterest.com/pazpereiro/cine-e-mulleres/
23 abr 2014
2 abr 2014
9 mar 2014
5 mar 2014
Rosa Luxemburgo
O 5 de marzo de 1871 nacía Rosa Luxemburgo, socialista e defensora da liberdade e da paz. Faleceu dun xeito violento en 1919.
4 mar 2014
3 mar 2014
Victoria Kent, a primeira abogada colexiada en España
O 3 de marzo de 1889 nacía Victoria Kent unha das figuras máis destacadas do sécul XX. Foi a primeira muller en ser colexiada como abogada, a primeira muller en participar nun consello de guerra e a primeira en ocupar un cargo político na dirección Xeral de Prisións. Sempre velou polos máis indefensos e polos nenos.
Curiosamente, a pesar de ser una muller defensora do seu xénero, négouse a defender o sufraxio femenino en encendidos debates con Clara Campoamor por considerar que as mulleres aínda non estaban suficientemente preparadas para votar.
26 feb 2014
19 feb 2014
Rosalía de Castro, unha feminista na sombra
Coñecemos a Rosalía de Castro como poeta e como novelista. Incluso trascenderon moitos detalles da súa vida familiar e do seu problemático matrimonio.
Actualmente, varios estudos amosan a súa figura como defensora temperá dos dereitos das mulleres e feminista na sombra, pois Rosalía non deixou de tentar que as mulleres tomaran conciencia da súa propia condición e así o reflexou nas súas obras "Las literatas" ou "El caballero de las botas azules"
Recomendamos o seguinte video

18 feb 2014
16 feb 2014
Sobre a película "Las Maestras de la República", premio Goya 2014
Transcribimos literalmente os comentarios ao trailer "Las maestras de la República" Premio Goya 2014.
"Las Maestras Republicanas fueron unas mujeres valientes y comprometidas que participaron en la conquista de los derechos de las mujeres y en la modernización de la educación, basada en los principios de la escuela pública y democrática.
Este documental, dirigido por la realizadora Pilar Pérez Solano, a través de la recreación de una maestra de la época, e imágenes de archivo inéditas, nos descubre el maravilloso legado que nos han dejado las maestras republicanas y que ha llegado hasta nuestros días.
Articulado en base a testimonios de investigadores y familiares, vamos a conocer el momento histórico que vivieron estas docentes y su participación en la transformación social de nuestro país a través de la educación".
Es un documental de FETE-UGT y Transit Producciones
Unidade didáctica , blog e recursos didácticos.
Premio 8 Marzo Maestras de la República
Un documental imprescindible
Que Mi Nombre No Se Borre De La Historia (Las Trece Rosas Rojas)
Dian Fossey, a autora de "Gorilas na néboa"
O seu traballo durante longos anos contribuiu á recuperación da poboación de gorilas nas montañas de Ruanda e Congo e á desmitificación dos seus comportamento violento. Tamén loitou contra os cazadores furtivos, incluso gañando moitos inimigos e sospeitase que iso foi o motivo do seu asesinato en 1985.
Máis información aquí
In Memoriam
14 feb 2014
13 feb 2014
12 feb 2014
Clara Campoamor, a loitadora esquecida
As palabras do discurso de Clara Campoamor aquel 1 de outubro de 1931 son difíciles de esquecer. Era a primeira muller que falaba nas Cortes Españolas. Foi rotunda ante os argumentos que expuñan os principais opositores ao sufraxio feminino (o baixo nivel cultural da muller e a influencia que sobre ela exercía a Igrexa). A republicana recordou a rápida equiparación da muller co home en termos de analfabetismo durante o período 1868-1910, rebateu as palabras dos deputados que cualificaban á muller como un ser incapaz e , citando a Humboldt, afirmou que a única forma de madurar no exercicio da liberdade é camiñar dentro dela.Conseguiuno. Con esta decisión, España situábase por encima de países como Francia ou Italia no que as mulleres non gozaban dun dereito tan básico. Tras a votación o artigo 36 da Constitución de 1931 establecía que «os cidadáns dun e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis».
Aquel 19 de novembro, Clara Campoamor gañouse un sitio na Historia, pero tamén perdeu. Dous anos despois daquel fito, a sufragista non renovou o seu escano. En 1934 cédaa gañou as eleccións. Clara Campoamor acumulou todas as iras: foi a súa morte política. A súa petición para unirse á Esquerda Republicana foi denegada. En 1959 escribía: «Creo que o único que quedou da República foi o que fixen eu: o voto feminino». Morreu no exilio en 1972.
9 feb 2014
8 feb 2014
San Valentín e os 10 mitos do amor romántico
Agora que se achega a data de San Valentín, e xa comezamos a estar saturados/as pola publicidade encamiñada ao consumismo dese día, é una boa ocasión para reflexionar sobre o amor ou o que parece ser.
Engadimos outra publicación con propostas de traballo ben interesantes:
6 feb 2014
Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde
Neste curso, o noso centro participa no programa "Donas de si" no que se descata a figura de Emilia Pardo Bazán, unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes.
Contamos co material facilitado pola consellería pero ademáis dende o noso blog iremos completando información para o noso alumnado e tamén para a comunidade escolar.
Xa comezamos co pase da película en diferentes cursos e agora continuaremos co traballo da unidade didáctica correspondente.
4 feb 2014
Georges Sand e a loita das mulleres por levar pantalón
Entérate aquí como foi A loita das mulleres por levar pantalón
Unha muller irreverente, icono do feminismo europeo do século XIX, que se atreveu a levar roupas masculinas foi George Sand.

Imaxinas que un día os rapaces viñeran con saia ao instituto?Tamén terían que loitar tanto como loitaron as mulleres por levar pantalón?
31 ene 2014
Participación en Ágora de Paz
No día de hoxe o noso centro participou na videoconferencia Ágora de Paz con outros centros de Galicia e tamén de outros lugares de España da rede de Escolas Asociadas da UNESCO como o Isidora Riestra de Poio, o IES de Pedra da Auga de Ponteareas, o IES Seoane de Monteporreiro, Campolongo, S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, e o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.. Foi así como compartimos as nosas actividades en torno ao día da Paz e á figura de Nelson Mandela.
30 ene 2014
29 ene 2014
365 días traballando pola igualdade
No día da Paz, facemos un pequeño repaso ás nosas actividades do primeiro trimestre. Quedaron algunhas fotos aínda pero prometemos que haberá máis videos!.
25 ene 2014
Día da Paz 2014- Nelson Mandela
Información e recursos sobre Nelson Mandela
Música e videos para a Paz
Películas para a Paz
Poemas para a Paz
Mulleres Nobel da Paz
Música e videos para a Paz
Películas para a Paz
Poemas para a Paz
Mulleres Nobel da Paz
Mulleres gañadoras dun Premio Nobel
Sabes cantas mulleres gañaron un Premio Nobel? E en que disciplina?
Entra aquí e verás!
Nesta unidade didáctica podemos atopar ideas interesantes para traballar nas aulas.
Entra aquí e verás!
Nesta unidade didáctica podemos atopar ideas interesantes para traballar nas aulas.
Etiquetas:
Dereitos das mulleres,
Día Mundial da Ciencia,
Donas de si,
Igualdade,
Mulleres científicas,
Mulleres na historia,
Mulleres Nobel da Paz
Mulleres na tecnoloxía
Acaso a tecnoloxía é so cousa de homes?
Artigo completo aquí
A primeira programadora da historia, Ada Lovelace, a filla de Lord Byron.
Artigo completo aquí
A primeira programadora da historia, Ada Lovelace, a filla de Lord Byron.
Mulleres na historia do deporte
A
primeira muller que correu a maratón xunto co resto de participantes. Outras
mulleres fixérano antes, en solitario, para demostrar que a suposta
incapacidade da muller para correr os 40 km era un infundio. O Comité Olímpico
dicía que era "demasiado difícil para as mulleres", e que
"superaba os seus límites".
Kathrine non correu de xeito legal. Inscribiuse na maratón coas súas iniciais, xa que daquela (1967) só estaba permitido aos homes.
Non se incorporou a maratón feminina aos xogos olímpicos ata 1984.
Na imaxe, un dos xuíces da maratón de Boston intenta botar fóra a Kathrine, mentres un compañeiro de carreira trata de impedilo.
Kathrine non correu de xeito legal. Inscribiuse na maratón coas súas iniciais, xa que daquela (1967) só estaba permitido aos homes.
Non se incorporou a maratón feminina aos xogos olímpicos ata 1984.
Na imaxe, un dos xuíces da maratón de Boston intenta botar fóra a Kathrine, mentres un compañeiro de carreira trata de impedilo.
23 ene 2014
Que nos contan as cancións románticas?
Que nos contan as cancións románticas? Ou mellor, que nos cantan? Son realistas? Sexistas? Escollémolas pola súa mensaxe? Que che parecen estas?
Máis cancións para traballar nas aulas
E agora unha en inglés...
E agora unha en inglés...
21 ene 2014
Mulleres e matemáticas en pé de igualdade
Accésit do Primeiro Premio Antonia Ferrín Moreiras
Premio
de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero
da Universidade de Vigo. Este galardón foi creado pola Unidade de
Igualdade co obxectivo de incentivar a elaboración deste tipo de
ferramentas para impartir a docencia e contribuir así á excelencia
universitaria.
Podes curiosear neste enlace para atopar recursos interesantes.
19 ene 2014
XVI ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS
Do 8 ao 11 de xaneiro tivo lugar en Santarem (
Portugal) ,o XVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas organizado pola
escola de Sá da Bandeira.
Neste encontro alumnos de
España, Alemaña e Estados Unidos debatiron o tema deste ano: Alimentar o mundo respetando a
terra xa que a Asemblea Xeral das
Nacións Unidas proclamou o 2014 como o ano Internacional da Agricultura
Familiar.
De Galicia participaron alumnos de tres centros: o IES Luís Seoane de
Pontevedra, o Pedra da Auga de Ponteareas e o noso centro representado polos
alumnos : Daniel Duque Puga e Damián Lamas Carballo de 4º ESO A cunha
presentación titulada : O VIÑO NA AGRICULTURA FAMILIAR DA NOSA COMARCA.
Ademáis de participar en diferentes obradoiros relacionados co tema do
encontro, participaron na visita ó Instituto Superior de Agronomía e ao Museo
Nacional de Historia Natural e da Ciencia de Lisboa.
14 ene 2014
Reflexión sobre a violencia de xénero
Para a reflexión...
Para ti maltratador...
A 700 ascende xa o número de vítimas do machismo na última década. Mulleres asasinadas ás mans das súas parellas, de homes insignificantes, mediocres, lacras da sociedade, fascistas... Homes? Non son homes. Son persoas frustradas, vulgares, cunha baixa autoestima. Non son máis que ceros a esquerda na sociedade, uns fracasados en todo o que fan.
Indígname e frústrame coñecer un novo caso de violencia machista. Reflexiono sobre que o que sinte cando a maltrata, a insulta, a fai sentir insignificante. Penso no que sinte ela, ou por desgraza sentiu algunha vez porque agora xa non sente nada, cando lle pega, cando lle quita todos os seus dereitos, cando intenta afogar a súa voz a base de golpes...

A 700 ascende xa o número de vítimas do machismo na última década. Mulleres asasinadas ás mans das súas parellas, de homes insignificantes, mediocres, lacras da sociedade, fascistas... Homes? Non son homes. Son persoas frustradas, vulgares, cunha baixa autoestima. Non son máis que ceros a esquerda na sociedade, uns fracasados en todo o que fan.
Indígname e frústrame coñecer un novo caso de violencia machista. Reflexiono sobre que o que sinte cando a maltrata, a insulta, a fai sentir insignificante. Penso no que sinte ela, ou por desgraza sentiu algunha vez porque agora xa non sente nada, cando lle pega, cando lle quita todos os seus dereitos, cando intenta afogar a súa voz a base de golpes...
A onde iremos parar?
Cando deixarán os homes querer demostrar que son superiores a nós? Cando as
mulleres volveremos recuperar o que é noso e os homes nos quitan?
A nosa dignidade non
nola dan nin nola quitan eles. Queremos os nosos dereitos!!
Dende Galiza con odio e raiba por unha sociedade antipatriarcal, polos nosos dereitos, por todas nós, polas que xa non están...
Dende Galiza con odio e raiba por unha sociedade antipatriarcal, polos nosos dereitos, por todas nós, polas que xa non están...
Laura Gil.(2º Bach)
12 ene 2014
Mulleres na literatura. Simone de Beauvoir
O 9 de xaneiro de 1908 nacía Simone de Beauvoir, unha muller importante na defensa do feminismo. É a autora de "O segundo sexo".
Queres saber máis da súa biografía? Pica neste enlace!
E aquí podes descargar o libro "O segundo sexo"
Queres saber máis da súa biografía? Pica neste enlace!
Faleceu o 14 de abril de 1986 e Informe Semanal adicoulle a seguinte reportaxe.
Informe semanal - Adiós a Simone de Beauvoir (1986)
E xa agora, non deixes de ver este interesante video.E aquí podes descargar o libro "O segundo sexo"
Etiquetas:
Dereitos das mulleres,
Donas de si,
Educación,
Estereotipos de xénero,
Igualdade,
Mulleres na historia,
Simone de Beauvoir
Suscribirse a:
Entradas (Atom)