5 jun 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente . Este ano o tema é a biodiversidade e para celebralo,  o alumnado de 1º ESO  do noso centro elaborou durante o confinamento, uns murais para recordar este día tan importante.



Todos os traballos están subidos á aula virtual do centro . Clica neste enlace para velos :




PROTEXÉMONOS DO COVID-19 PERO CONTAMINAMOS O MEDIO AMBIENTE



O alumnado de 4º ESO quixo denunciar a través de  debuxos propios a contaminación que estamos a provocar cos residuos plásticos do CORONAVIRUS. Mascarillas, luvas e productos desinfectantes que nos protexen do COVID-19, acaban tirados nas rúas e chegan aos nosos mares





30 ene 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe celebramos o DENIP cunha homenaxe a Isabel Zendal  recoñecida pola OMS en 1950  como a primeira  enfermeira da historia en labor humanitaria internacional. 



Isabel formou parte da real Expedición Filantrópica da Vacina que tiña como misión levar a todo o Imperio español a vecina da varíola, descubierta en 1796 polo británico Edward Jenner.


Dirixida polo doutor Balmis, a expedición sae do porto da Coruña o 30 de noviembre de 1803 a bordo da corbeta María Pita.


Para poder transportar a vacina aos territorios de ultramar, o doutor Balmis ideou usar unha cadea humana de nenos orfos como portadores da mesma.Consistía en inocular o virus da varíola no brazo dun neno e esperar 7 días a que lle saíran unhas boxas que exhalaban o fluído vacinal que sería inoculado noutro neno ata completar a cadea.


Isabel Zendal foi contratada como enfermeira encargada de cuidar dos 22 nenos.
Todos os integrantes da Expedición foros reconocidos públicamente menos Isabel que por ser muller foi a gran esquecida.
Ata que no ano 1950 a OMS a recoñece como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

Tamén se fixo a presentación do Comando Igualdade e Diversidade do noso centro, un grupo de rapaces e rapazas que van traballar pola concienciación e a defensa dos dereitos das mulleres e do colectivo LGBTI.
Rematamos o acto cunha performance. Seguindo o modelo dos 22 nenos que portaban o virus da varíola a través dos seus brazos, todo o alumnado e profesorado do centro nos unimos facendo unha cadea e rodeando o noso centro.