No día de hoxe o noso centro participou na videoconferencia Ágora de Paz con outros centros de Galicia e tamén de outros lugares de España da rede de Escolas Asociadas da UNESCO como o Isidora Riestra de Poio, o IES de Pedra da Auga de Ponteareas, o IES Seoane de Monteporreiro, Campolongo, S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, e o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.. Foi así como compartimos as nosas actividades en torno ao día da Paz e á figura de Nelson Mandela.
31 ene 2014
30 ene 2014
29 ene 2014
365 días traballando pola igualdade
No día da Paz, facemos un pequeño repaso ás nosas actividades do primeiro trimestre. Quedaron algunhas fotos aínda pero prometemos que haberá máis videos!.
25 ene 2014
Día da Paz 2014- Nelson Mandela
Información e recursos sobre Nelson Mandela
Música e videos para a Paz
Películas para a Paz
Poemas para a Paz
Mulleres Nobel da Paz
Música e videos para a Paz
Películas para a Paz
Poemas para a Paz
Mulleres Nobel da Paz
Mulleres gañadoras dun Premio Nobel
Sabes cantas mulleres gañaron un Premio Nobel? E en que disciplina?
Entra aquí e verás!
Nesta unidade didáctica podemos atopar ideas interesantes para traballar nas aulas.
Entra aquí e verás!
Nesta unidade didáctica podemos atopar ideas interesantes para traballar nas aulas.
Etiquetas:
Dereitos das mulleres,
Día Mundial da Ciencia,
Donas de si,
Igualdade,
Mulleres científicas,
Mulleres na historia,
Mulleres Nobel da Paz
Mulleres na tecnoloxía
Acaso a tecnoloxía é so cousa de homes?
Artigo completo aquí
A primeira programadora da historia, Ada Lovelace, a filla de Lord Byron.
Artigo completo aquí
A primeira programadora da historia, Ada Lovelace, a filla de Lord Byron.
Mulleres na historia do deporte
A
primeira muller que correu a maratón xunto co resto de participantes. Outras
mulleres fixérano antes, en solitario, para demostrar que a suposta
incapacidade da muller para correr os 40 km era un infundio. O Comité Olímpico
dicía que era "demasiado difícil para as mulleres", e que
"superaba os seus límites".
Kathrine non correu de xeito legal. Inscribiuse na maratón coas súas iniciais, xa que daquela (1967) só estaba permitido aos homes.
Non se incorporou a maratón feminina aos xogos olímpicos ata 1984.
Na imaxe, un dos xuíces da maratón de Boston intenta botar fóra a Kathrine, mentres un compañeiro de carreira trata de impedilo.

23 ene 2014
Que nos contan as cancións románticas?
Que nos contan as cancións románticas? Ou mellor, que nos cantan? Son realistas? Sexistas? Escollémolas pola súa mensaxe? Que che parecen estas?
Máis cancións para traballar nas aulas
E agora unha en inglés...
E agora unha en inglés...
21 ene 2014
Mulleres e matemáticas en pé de igualdade
Accésit do Primeiro Premio Antonia Ferrín Moreiras
Premio
de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero
da Universidade de Vigo. Este galardón foi creado pola Unidade de
Igualdade co obxectivo de incentivar a elaboración deste tipo de
ferramentas para impartir a docencia e contribuir así á excelencia
universitaria.
Podes curiosear neste enlace para atopar recursos interesantes.
19 ene 2014
XVI ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS
Do 8 ao 11 de xaneiro tivo lugar en Santarem (
Portugal) ,o XVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas organizado pola
escola de Sá da Bandeira.
Neste encontro alumnos de
España, Alemaña e Estados Unidos debatiron o tema deste ano: Alimentar o mundo respetando a
terra xa que a Asemblea Xeral das
Nacións Unidas proclamou o 2014 como o ano Internacional da Agricultura
Familiar.
De Galicia participaron alumnos de tres centros: o IES Luís Seoane de
Pontevedra, o Pedra da Auga de Ponteareas e o noso centro representado polos
alumnos : Daniel Duque Puga e Damián Lamas Carballo de 4º ESO A cunha
presentación titulada : O VIÑO NA AGRICULTURA FAMILIAR DA NOSA COMARCA.
Ademáis de participar en diferentes obradoiros relacionados co tema do
encontro, participaron na visita ó Instituto Superior de Agronomía e ao Museo
Nacional de Historia Natural e da Ciencia de Lisboa.
14 ene 2014
Reflexión sobre a violencia de xénero
Para a reflexión...
Para ti maltratador...
A 700 ascende xa o número de vítimas do machismo na última década. Mulleres asasinadas ás mans das súas parellas, de homes insignificantes, mediocres, lacras da sociedade, fascistas... Homes? Non son homes. Son persoas frustradas, vulgares, cunha baixa autoestima. Non son máis que ceros a esquerda na sociedade, uns fracasados en todo o que fan.
Indígname e frústrame coñecer un novo caso de violencia machista. Reflexiono sobre que o que sinte cando a maltrata, a insulta, a fai sentir insignificante. Penso no que sinte ela, ou por desgraza sentiu algunha vez porque agora xa non sente nada, cando lle pega, cando lle quita todos os seus dereitos, cando intenta afogar a súa voz a base de golpes...

A onde iremos parar?
Cando deixarán os homes querer demostrar que son superiores a nós? Cando as
mulleres volveremos recuperar o que é noso e os homes nos quitan?
A nosa dignidade non
nola dan nin nola quitan eles. Queremos os nosos dereitos!!
Dende Galiza con odio e raiba por unha sociedade antipatriarcal, polos nosos dereitos, por todas nós, polas que xa non están...
Dende Galiza con odio e raiba por unha sociedade antipatriarcal, polos nosos dereitos, por todas nós, polas que xa non están...
Laura Gil.(2º Bach)
12 ene 2014
Mulleres na literatura. Simone de Beauvoir
O 9 de xaneiro de 1908 nacía Simone de Beauvoir, unha muller importante na defensa do feminismo. É a autora de "O segundo sexo".
Queres saber máis da súa biografía? Pica neste enlace!
E aquí podes descargar o libro "O segundo sexo"
Queres saber máis da súa biografía? Pica neste enlace!
Faleceu o 14 de abril de 1986 e Informe Semanal adicoulle a seguinte reportaxe.
Informe semanal - Adiós a Simone de Beauvoir (1986)
E xa agora, non deixes de ver este interesante video.E aquí podes descargar o libro "O segundo sexo"
Etiquetas:
Dereitos das mulleres,
Donas de si,
Educación,
Estereotipos de xénero,
Igualdade,
Mulleres na historia,
Simone de Beauvoir
Suscribirse a:
Entradas (Atom)