22 nov 2019

VIII ENCONTRO DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Este Encontro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 14 e 15 de Novembro coa mirada posta no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable enmarcados na Axenda 2030.
O noso centro participou con alumnado de 3º ESO cunha presentación sobre as actuacións que estamos a facer no centro para reducir o uso dos plásticos:
  • Educación ambiental
  • Campañas de reciclaxe
  • Substituír as botellas de plástico por cantimploras ou envases de vidro
  • Usar friameiras para os bocatas eliminando o papel aluminio
  • Substituír bolsas de plástico por outras de tea 




1 oct 2019

Concentración polo clima



O venres 27 de setembro concentrámonos no patio coberto do noso centro para reclamar medidas urxentes que frenen o cambio climático.
O alumnado elaborou carteis reivindicativos e fíxose a lectura dun Manifesto.
No acto contamos coa presenza do Alcalde de As Neves e a Concelleira de Educación.



25 sept 2019

Semana polo clima

No IES Pazo da Mercé sumámonos á iniciativa das mobilizacións na semana polo clima con diferentes actividades.

Comezamos coa presentación do proxecto entre o alumnado e unha exposición de lecturas recomendadas na biblioteca.