Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas

5 jun 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente . Este ano o tema é a biodiversidade e para celebralo,  o alumnado de 1º ESO  do noso centro elaborou durante o confinamento, uns murais para recordar este día tan importante.



Todos os traballos están subidos á aula virtual do centro . Clica neste enlace para velos :




1 oct 2019

Concentración polo clima



O venres 27 de setembro concentrámonos no patio coberto do noso centro para reclamar medidas urxentes que frenen o cambio climático.
O alumnado elaborou carteis reivindicativos e fíxose a lectura dun Manifesto.
No acto contamos coa presenza do Alcalde de As Neves e a Concelleira de Educación.



25 sept 2019

Semana polo clima

No IES Pazo da Mercé sumámonos á iniciativa das mobilizacións na semana polo clima con diferentes actividades.

Comezamos coa presentación do proxecto entre o alumnado e unha exposición de lecturas recomendadas na biblioteca.