Mostrando entradas con la etiqueta Actividades d@s alumn@s. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades d@s alumn@s. Mostrar todas las entradas

22 nov 2019

VIII ENCONTRO DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Este Encontro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 14 e 15 de Novembro coa mirada posta no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable enmarcados na Axenda 2030.
O noso centro participou con alumnado de 3º ESO cunha presentación sobre as actuacións que estamos a facer no centro para reducir o uso dos plásticos:
  • Educación ambiental
  • Campañas de reciclaxe
  • Substituír as botellas de plástico por cantimploras ou envases de vidro
  • Usar friameiras para os bocatas eliminando o papel aluminio
  • Substituír bolsas de plástico por outras de tea 




1 oct 2019

Concentración polo clima



O venres 27 de setembro concentrámonos no patio coberto do noso centro para reclamar medidas urxentes que frenen o cambio climático.
O alumnado elaborou carteis reivindicativos e fíxose a lectura dun Manifesto.
No acto contamos coa presenza do Alcalde de As Neves e a Concelleira de Educación.



25 sept 2019

Semana polo clima

No IES Pazo da Mercé sumámonos á iniciativa das mobilizacións na semana polo clima con diferentes actividades.

Comezamos coa presentación do proxecto entre o alumnado e unha exposición de lecturas recomendadas na biblioteca.




28 feb 2016

VI Encontro das Escolas de Galiza asociadas á UNESCO

Preme nesta imaxe para ver os traballos presentados polos diferentes centros e o video de participación do noso alumnado nos diferentes obradoiros


30 jun 2014

O noso patrimonio

Ao longo deste curso tamén estivemos investigando sobre o patrimonio da nosa contorna. O alumnado de 1º de ESO traballou  sobre os cruceiros e petos de ánimas e este video é o resultado.

O alumnado de 4º de ESO fixo una interesante investigación sobre "Os seráns" coa colaboración do profesor de música.
 

31 ene 2014

Participación en Ágora de Paz

No día de hoxe o noso centro participou na videoconferencia Ágora de Paz con outros centros de Galicia e tamén de outros lugares de España  da rede de Escolas Asociadas  da UNESCO como o Isidora Riestra de Poio, o IES de Pedra da Auga de Ponteareas,  o IES Seoane de Monteporreiro,  Campolongo, S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, e o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.. Foi así como compartimos as nosas actividades  en torno ao  día da Paz e á figura de Nelson Mandela.

29 ene 2014

365 días traballando pola igualdade

No día da Paz, facemos un pequeño repaso ás nosas actividades do primeiro trimestre. Quedaron algunhas fotos aínda pero prometemos que haberá máis videos!.

19 ene 2014

XVI ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS


Do  8  ao 11 de xaneiro tivo lugar en Santarem ( Portugal) ,o XVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas organizado pola escola de Sá da Bandeira.

Neste encontro  alumnos de España, Alemaña e Estados Unidos debatiron o tema  deste ano: Alimentar o mundo respetando a terra xa que  a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2014 como o ano Internacional da Agricultura Familiar.

De Galicia participaron alumnos de tres centros: o IES Luís Seoane de Pontevedra, o Pedra da Auga de Ponteareas e o noso centro representado polos alumnos : Daniel Duque Puga e Damián Lamas Carballo de 4º ESO A cunha presentación titulada : O VIÑO NA AGRICULTURA FAMILIAR DA NOSA COMARCA.

Ademáis de participar en diferentes obradoiros relacionados co tema do encontro, participaron na visita ó Instituto Superior de Agronomía e ao Museo Nacional de Historia Natural e da Ciencia de Lisboa.

 

22 dic 2013

60 aniversario da UNESCO

60 anos co obxectivo de contribuir á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións.
Nós celebrámolo tamén coa difusión polo noso centro dos carteis elaborados pol@s alumn@s de 4º de ESO coa colaboración do profesor de plástica.