Mostrando entradas con la etiqueta Encontros con outros centros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Encontros con outros centros. Mostrar todas las entradas

22 nov 2019

VIII ENCONTRO DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Este Encontro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 14 e 15 de Novembro coa mirada posta no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable enmarcados na Axenda 2030.
O noso centro participou con alumnado de 3º ESO cunha presentación sobre as actuacións que estamos a facer no centro para reducir o uso dos plásticos:
  • Educación ambiental
  • Campañas de reciclaxe
  • Substituír as botellas de plástico por cantimploras ou envases de vidro
  • Usar friameiras para os bocatas eliminando o papel aluminio
  • Substituír bolsas de plástico por outras de tea 




26 ene 2017

XIX ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS DAS ESCOLAS UNESCO

As alumnas de 1º de Bacharelato María Alvarez e Laura Araujo , acompañadas da profesora Belén Jorge, participan no XIX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas da UNESCO que tivo lugar en Santarém (Portugal) dos días 11 a 14 de xaneiro. Xunto con outros mozos e mozas de 8 países  presentaron e debatiron propostas para  minimizar os efectos do cambio climático.


28 feb 2016

VI Encontro das Escolas de Galiza asociadas á UNESCO

Preme nesta imaxe para ver os traballos presentados polos diferentes centros e o video de participación do noso alumnado nos diferentes obradoiros


6 jul 2014

XXVII encontro das Escolas Asociadas á UNESCO

Educar para a cidadanía mundial
Patrimonio, convivencia e entendemento entre os pobos, cultura de Paz, agricultura familiar e desenvolvemento sostible.


31 ene 2014

Participación en Ágora de Paz

No día de hoxe o noso centro participou na videoconferencia Ágora de Paz con outros centros de Galicia e tamén de outros lugares de España  da rede de Escolas Asociadas  da UNESCO como o Isidora Riestra de Poio, o IES de Pedra da Auga de Ponteareas,  o IES Seoane de Monteporreiro,  Campolongo, S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, e o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.. Foi así como compartimos as nosas actividades  en torno ao  día da Paz e á figura de Nelson Mandela.

19 ene 2014

XVI ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS


Do  8  ao 11 de xaneiro tivo lugar en Santarem ( Portugal) ,o XVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas organizado pola escola de Sá da Bandeira.

Neste encontro  alumnos de España, Alemaña e Estados Unidos debatiron o tema  deste ano: Alimentar o mundo respetando a terra xa que  a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2014 como o ano Internacional da Agricultura Familiar.

De Galicia participaron alumnos de tres centros: o IES Luís Seoane de Pontevedra, o Pedra da Auga de Ponteareas e o noso centro representado polos alumnos : Daniel Duque Puga e Damián Lamas Carballo de 4º ESO A cunha presentación titulada : O VIÑO NA AGRICULTURA FAMILIAR DA NOSA COMARCA.

Ademáis de participar en diferentes obradoiros relacionados co tema do encontro, participaron na visita ó Instituto Superior de Agronomía e ao Museo Nacional de Historia Natural e da Ciencia de Lisboa.