14 ene 2014

Reflexión sobre a violencia de xénero


Para a reflexión...


Para ti maltratador...
A 700 ascende xa o número de vítimas do machismo na última década. Mulleres asasinadas ás mans das súas parellas, de homes insignificantes, mediocres, lacras da sociedade, fascistas... Homes? Non son homes. Son persoas frustradas, vulgares, cunha baixa autoestima. Non son máis que ceros a esquerda na sociedade, uns fracasados en todo o que fan.
Indígname e frústrame coñecer un novo caso de violencia machista. Reflexiono sobre que o que sinte cando a maltrata, a insulta, a fai sentir insignificante. Penso no que sinte ela, ou por desgraza sentiu algunha vez porque agora xa non sente nada, cando lle pega, cando lle quita todos os seus dereitos, cando intenta afogar a súa voz a base de golpes...


A onde iremos  parar? Cando deixarán os homes querer demostrar que son superiores a nós? Cando as mulleres volveremos recuperar o que é noso e os homes nos quitan?
A nosa dignidade non nola dan nin nola quitan eles. Queremos os nosos dereitos!!
Dende Galiza con odio e raiba por unha sociedade antipatriarcal, polos nosos dereitos, por todas nós, polas que xa non están...
                       Laura Gil.(2º Bach)

No hay comentarios:

Publicar un comentario